A DELEGADA DA XUNTA VISITA AOS USUARIOS QUE PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DO CALVARIO

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores aos usuarios que participan nas actividades organizadas polo Centro Sociocomunitario do Calvario, un dos  seis centros que o Goberno galego xestiona na cidade (Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi Margall, Teis e O Calvario).

O programa de actividades converten estas instalacións no epicentro de ocio do barrio vigués e inclúen obradoiros temáticos, charlas, clases de ximnasia, ioga, tai chi e pilates, de informática, manualidades, pintura, teatro, poesía ou baile.