A DELEGADA DA XUNTA RECIBE Á ALUMNA VIGUESA QUE RECIBIU O PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO DO CURSO 2022/23
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este martes á alumna do IES O Castro María González Batán, que foi galardoada recentemente co Premio Extraordinario de Bacharelato da Xunta de Galicia correspondente ao curso 2022/23. A estudante estivo acompañada durante a súa visita á Delegación Territorial polos seus pais e pola directora e un profesor do IES Castro.