ANA ORTIZ DESTACA O APOIO DA XUNTA AO COMERCIO LOCAL CUNHA NOVA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI NA ZONA NÁUTICO
A delegada territorial en Vigo salienta a iniciativa para “promover o consumo nos establecementos de proximidadeA delegada territorial en Vigo salienta a iniciativa para “promover o consumo nos establecementos de proximidade”
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este luns xunto a campaña do Día da Nai xunto ao presidente da Asociación Zona Náutico, César Ballesteros. No acto, celebrado no establecemento Caramella da rúa Rosalía de Castro, a representante autonómica destacou o apoio do Goberno galego ao comercio local para “promover o consumo”.
Segundo explicou Ortiz, a zona comercial do barrio vigués lanza unha nova campaña con motivo do Día da Nai, activa ata o 3 de maio, que consiste nun sistema para incentivar as compras nos comercios asociados, no que cada participante deberá realizar unha compra (con importe mínimo de 12€) e, despois, terá que subir o seu ticket á aplicación da asociación para poder optar a conseguir unha das cinco tarxetas de 100€ cada unha para gastar nos comercios asociados.

