SONS DE VIGO ABRE ESTE MÉRCORES CO APOIO DA XUNTA O CICLO WAKE UP! COA PARTICIPACIÓN DO RECOÑECIDO PRODUTOR ALEMÁN KLANGKUENSTLER

A delegada territorial, Ana Ortiz, destaca o éxito do festival Lingua Urbana que congregou no Ifevi a preto de 4.000 mozos o pasado 27 de marzo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este mércores o “exitoso” inicio do novo festival Sons de Vigo que o pasado venres arrancou no Ifevi co ciclo musical Lingua Urbana no marco dos Concertos do Xacobeo. O evento, que congregou a preto de 4.000 mozos, abre este mércores o seu segundo ciclo coa quenda para a música electrónica.

Ana Ortiz salientou o apoio do Goberno galego á oferta musical e cultural da cidade e lembrou que a Xunta tamén colabora con outros eventos como o Galicia Fest, o Festival Underfest ou o MusicaV de jazz. “O obxectivo é que a nosa cidade conte con música de todos os estilos e para todas as idades, ofertando sempre variedade e calidade en diferentes escenarios e recintos”, sinalou.

O festival Sons de Vigo, que xa vendeu máis de 20.000 entradas, forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia.

O ciclo comezou o 27 de marzo con Lingua Urbana e continúa hoxe coa primeira das dúas xornadas de música electrónica na que actuará o recoñecido dj e produtor alemán Klangkuenstler, que chega a Vigo tras levar o seu espectacular show «Outworld» ao Ifema Madrid cunha impresionante produción que fixo vibrar a miles de persoas.

Wake Up!

Este 1 e 2 de abril chega ao Ifevi o Wake Up!, un formato de música electrónica que xa triunfou nas súas anteriores edicións en Vigo. Nesta ocasión serán dous días e contará con nomes tan recoñecidos como Klangkuenstler, Chris Liebing, Marco Carola, Loco Dice, Franky Rizardo, Paco Osuna, Castel & Selles, Milutxo, Isma B, Muiños, Felicie e Luke Slater.

Perreo

Ao día seguinte, o 3 de abril, será a quenda para o modo Perreo, co maior festival de reguetón antiguo. Se a primeira edición celebrada na Coruña foi todo un éxito, esta segunda cita promete manter o nivel. O Ifevi será o escenario dun cartel no que se mesturan algúns dos nomes máis recoñecibles do reguetón comercial e a música urbana, con varios DJs de referencia para que non falte de nada. Son os casos de Daosul, Henry Méndez, Kiko Rivera, K-Narias, Planas e Anxo Silva.

One Dance

Por último, o 4 de abril chegará unha nova edición de One Dance co mellor sonido, un festival único que xa estivo no Ifevi hai un ano facendo homenaxe ás grandes décadas que marcaron a historia da música electrónica dos anos 90. Nesta edición estarán Alice DJ, Barthezz, Carolina Márquez, DJ Quicksilver, DJ Sammy, DJ Sash!, Ian Van Dahl x Astroline, Kate Ryan, Lasgo, Lou Bega, Rebeca, Sylver y Whigfield. Tamén haberá sesión de DJ Rob, DJ Mark Deluxe, Yaser, Marcos, DJ Charlie, Traffic House y Toni Seljas, ademais das performances de Pablo Méndez