A Xunta sensibiliza á poboación no Día Mundial de Ril e salienta a importancia da doazón

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, participou nos actos organizados pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo con motivo do Día  Mundial do Ril

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, sumouse este xoves no Centro Vialia aos actos de celebración organizados pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi) con motivo do Día Mundial do Ril.

A representante autonómica animou á cidadanía a participar nas doazóns e destacou o traballo de Adrovi para sensibilizar á pobación con actos como o celebrado este 13 de marzo no Centro Vialia para divulgar e informar sobre a doazón.

No mesmo participaron tamén o presidente de Adrovi, Celso García; o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente; a directora médica de Povisa, Emma Iglesias, e o doutor José Sobrado, nefrólogo do Hospital Vithas. Tamén participaron nos actos 70 alumnos de ciclos do Colexio Vivas de Vigo.