VICEPRESIDENTA DA DEPUTACIÓN NA ENTREGA DE TROFEOS DO CONDE DE GONDOMAR EN BAIONA
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe no acto de entrega de trofeos da 48ª edición do Trofeo Conde de Gondomar Gran Premio Zelnova Zeltia – Sabadell Urquijo, que acaba de rematar en Baiona e está considerada unha das probas náuticas deportivas máis senlleiras de Galicia. Ao acto asistiron o alcalde de Baiona e tamén deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña; o secretario territorial da Xunta en Vigo, Fernando González Abeijón; o presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona, José Luis Álvarez; o director xeral autonómico do Banco Sabadell, Pablo Junceda; e, entre outras autoridades, o conselleiro delegado de Zelnovia Zeltia, Juan Carlos Ameneiro.

