Vigo e Pereiro de Aguiar selan a súa irmandade coa figura do coronel Cachamuíña no 250 aniversario do seu nacemento
A delegada territorial reivindica a vinculación coa cidade deste histórico persoeiro, recoñecido anualmente en A Reconquista, a festa máis representativa de Vigo
Vigo e Pereiro de Aguiar escenificaron hoxe o súa irmandade a través da figura de Bernardo González del Valle, máis coñecido como Cachamuíña, no acto de celebración do 250º aniversario do seu nacemento. O acto, organizado polo Concello de Pereiro de Aguiar co apoio da Deputación de Ourense, contou coa presenza da delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, en representación da cidade, e o delegado de Ourense Gabriel Alén.
Bernardo González del Valle, fillo ilustre de Pereiro de Aguiar, non o menos na cidade que liberou do xugo do exército francés ao fronte do aparato militar da Reconquista de Vigo. Daquela fazaña, na que Cachamuíña logrou quebrar a machetazos a Porta da Gamboa fai hoxe 212 anos. Un fito histórico que a delegada territorial quixo reivindicar polo que supuxo para Vigo ser a primeira localidade de Europa en expulsar as tropas napoleónicas.
Neste contexto, Fernández-Tapias recordou que cada ano Vigo rememora aquel 28 de marzo de 1809 con “A Reconquista”, a primeira Festa de Interese Turístico Nacional en lograr esta distinción na cidade de Vigo e a duodécima de Galicia. “Un orgullo para Vigo, para Ourense e para toda Galicia”, sinalou.
