TRES EDIFICACIÓNS DA XUNTA, RECOÑECIDAS POLO COLEXIO DE ARQUITECTOS DE GALICIA COS PREMIOS GRAN DE AREA

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, foi a encargada de recoller as distincións en representación do Goberno galego

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada pola directora xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, recolleu este venres, en nome do Goberno galego, os premios Gran de Area cos que o Colexio de Arquitectos de Galicia recoñeceu a achega á arquitectura de tres edificacións promovidas pola Xunta nos últimos dous anos.

Nun acto celebrado no Auditorio Afundación de Vigo, a mandataria galega agradeceu aos arquitectos encargados da construción e as rehabilitacións galardoadas, así como aos membros das delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do COAG estas distincións. Un recoñecemento que Fernández-Tapias fixo extensivo a todos os arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais axentes implicados “que formaron, forman e formarán parte das promocións e recuperacións públicas levadas a cabo polo Executivo autonómico”.

Intervencións da Xunta premiadas:

Edificio de 36 viviendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas (2021)
Arquitecto: Patricia Múñiz / Luciano G. Alfaya
Promotor: Instituto Galego de Vivenda e Solo
Concello: Vigo

Rehabilitación edificio nuevos juzgados de Tui (2020)
Arquitecto: 2C Arquitectos S.L.P . Ángel Cid Carballo
Promotor: Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Rehabilitación inmoble para una vivienda de promoción pública (2020)
Arquitecto: Estefanía Vázquez Müller / Roi Feijoo Rey
Promotor: Instituto Galego de Vivenda e Solo
Concello: Ourense