Teresa Egerique defende no Parlamento unha iniciativa para que o Goberno central rexeite as medidas do Regulamento de control da pesca que se negocia en Bruxelas

“As medidas de control existentes xa son suficientes e estas medidas xeran un exceso de celo que provocarán unha importante complicación da actividade a bordo”, dixo a portavoz popular do Mar, Teresa Egerique

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que manifeste, nas negociacións dos trílogos do Regulamento de control da pesca 1224/2009 que se están a levar a cabo en Bruxelas, o rexeitamento ás medidas contempladas no mesmo, especialmente as referentes á pesca costeira artesanal e, de forma específica, as referidas á obrigatoriedade de instalar cámaras a bordo, o diario electrónico de pesca na frota artesanal e a xeolocalización en barcos de máis de catro metros de eslora.

A portavoz popular de Pesca, Teresa Egerique, subliñou que “para os representantes do sector pesqueiro as medidas de control existentes xa son suficientes, e as propostas incluídas no regulamento aínda sen aprobar xeran un exceso de celo que non garante o cumprimento das normas e provocarán unha importante complicación da actividade a bordo”.

MEDIDAS DIFÍCILES E DESPROPORCIONADAS

Egerique manifestou que a obriga de incorporar sistemas de xeolocalización en embarcacións de menos de 12 metros de eslora “resulta moi difícil porque esta frota faena de forma moi próxima entre si e, polo tanto, este tipo de control no achega grandes avances sobre o mero seguimento visual desde terra; ao tempo que moitas embarcacións de pesca costeira artesanal carecen de motor intraborda e de enerxía eléctrica, o que obrigaría a dispoñer de baterías e incrementaría moito os custos”.

Así mesmo, considerou “desproporcionada a medida de incorporar sistemas de vixilancia e control mediante cámaras de televisión de circuíto pechado, xa que este tipo de embarcacións adoitar capturar un reducido número de especies, ademais de supoñer unha clara intromisión na identidade dos tripulantes”.

“Consideramos que os buques da frota costeira artesanal cuxas mareas de pesca sexan inferiores a 24 horas deberían estar exentos de portar e cubrir un caderno diario en formato electrónico con notificación previa ao desembarco, declaración de desembarque, nota de venda e documento de transporte”, apuntou.

Teresa Egerique tamén defendeu a eliminación do concepto de lote para produtos de conserva e manufacturados, seguindo a petición do Consello Galego de Pesca, xa que “esta proposta non favorece a esta industria”.

PROBA PILOTO

Para rematar, a portavoz do Mar criticou que o Goberno de España “poña en marcha, a modo de experiencia piloto, as medidas contempladas no regulamento, investindo 1,5 millóns de euros principalmente no desenvolvemento dunha aplicación informática e na compra de 150 tabletas para probar noutros tantos pesqueiros de Galicia”.

“O sector non entende este proceder cando desde a propia Secretaría Xeral de Pesca déraselles a palabra de defender en Bruxelas as demandas da frota española dentro das negociacións que agora comezaron para a aprobación do regulamento de control”, sinalou.