TAPIAS PARTICIPA NA FESTA DA SOLIDARIEDADE NO 30 ANIVERSARIO DA PRESENZA EN VIGO DE PROXECTO HOME
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu á Festa da Solidariedade de Proxecto Home Galicia que puxo o broche ás celebracións do 30 aniversario da presenza da entidade en Vigo.
Fernández-Tapias, que realizou un percorrido polas instalacións da asociación na cidade, puxo en valor o labor desenvolvido por Proxecto Home para toda a provincia nestas tres décadas para axudar á rehabilitación e reinserción das persoas con adiccións.
A vicepresidenta destacou “a implicación do persoal, con profesionalidade e garantía”, así como “a colaboración do voluntariado, que tende a súa man sen esperar nada a cambio”. Uns e outros, asegurou, son “exemplo vivo de que, como di o voso lema, sodes unha porta aberta á esperanza”. A vicepresidenta provincial garantiu o apoio da Deputación a Proxecto Home, que conta con financiamento para un programa integral de atención a consumidores de psicoestimulantes do que se benefician 70 usuarios da provincia

