Tapias, Lete e Ortiz asisten ao acto de celebración do centenario do Real Club Celta de Vigo
A vicepresidenta primeira e responsable da área de Deportes da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, asistiron hoxe na Cidade Deportiva Afouteza á celebración do centenario do Real Club Celta de Vigo. Durante o acto, no que interviron o presidente do Celta, Carlos Mouriño, e o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco, fíxose un repaso aos cen anos de historia do club e presentouse o futuro complexo Galicia Sports 360. Tamén participaron os concelleiros do PP de Vigo, Irene Garrido, Fernando G. Abeijón e Miguel Martín.
