SONS DE VIGO COMEZA NO IFEVI CO APOIO DA XUNTA PARA OFRECER CATRO CICLOS MUSICAIS DURANTE A SEMANA SANTA
A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este venres a montaxe do novo festival que arranca con artistas nacionais e locais no evento Lingua Urbana
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres o pavillón 3 do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) no que hoxe mesmo arranca o novo festival Sons de Vigo con ciclo musical Lingua Urbana. O evento, que se celebrará do 27 de marzo ao 4 de abril no ifevi, aposta tanto por grandes nomes do panorama nacional como por artistas locais da escena galega, todo dentro dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia.
Ortiz fixo un percorrido polas instalacións e departiu cos mozos e mozas que agardaban desde primeira hora ás portas de acceso ao Ifevi (o festival comeza ás 18:30 horas) e que foron convidados a presenciar as probas de son. A delegaga destacou o apoio do Goberno galego á oferta musical e cultural da cidade e lembrou que a Xunta tamén colabora con outros eventos como o Festival Underfest ou o MusicaV de jazz. “Temos moitos exemplos, tamén Vigo Porté… ou Galicia Fest, ademais por suposto do noso proxecto no Teatro Fraga”, sinalou.
O festival, que xa vendeu máis de 20.000 entradas, forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia. O ciclo comezará o 27 de marzo con Lingua Urbana, un dos cinco eventos musicais que acollerá o Ifevi dentro desta programación.
Lingua Urbana
O cartel de Lingua Urbana conta con grandes artistas do panorama nacional e local. Cada un representa diferentes estilos dentro da música urbana actual, o que garante un directo variado e pensado para conectar co público novo que segue de cerca a escena. Desde artists como La Pantera, Metrika, L0rna, Sticky M.A., C Marí e Skinyz aos galegos 9Louro, West SRK, Sote, Telmo Brea e Valensk8.
Wake Up!
O 1 e 2 de abril chegará ao Ifevi o Wake Up!, un formato de música electrónica que xa triunfou nas súas anteriores edicións en Vigo. Nesta ocasión serán dous días e contará con nomes tan recoñecidos como Klangkuenstler, Chris Liebing, Marco Carola, Loco Dice, Franky Rizardo, Paco Osuna, Castel & Selles, Milutxo, Isma B, Muiños, Felicie e Luke Slater.
Perreo
Ao día seguinte, o 3 de abril, será a quenda para o modo Perreo, co maior festival de reguetón antiguo. Se a primeira edición celebrada na Coruña foi todo un éxito, esta segunda cita promete manter o nivel. O Ifevi será o escenario dun cartel no que se mesturan algúns dos nomes máis recoñecibles do reguetón comercial e a música urbana, con varios DJs de referencia para que non falte de nada. Son os casos de Daosul, Henry Méndez, Kiko Rivera, K-Narias, Planas e Anxo Silva.
One Dance
Por último, o 4 de abril chegará unha nova edición de One Dance co mellor sonido, un festival único que xa estivo no Ifevi hai un ano facendo homenaxe ás grandes décadas que marcaron a historia da música electrónica dos anos 90. Nesta edición estarán Alice DJ, Barthezz, Carolina Márquez, DJ Quicksilver, DJ Sammy, DJ Sash!, Ian Van Dahl x Astroline, Kate Ryan, Lasgo, Lou Bega, Rebeca, Sylver y Whigfield. Tamén haberá sesión de DJ Rob, DJ Mark Deluxe, Yaser, Marcos, DJ Charlie, Traffic House y Toni Seljas, ademais das performances de Pablo Méndez


