Política Social aplaude o traballo e a orixinalidade do belén elaborado polos usuarios de Hogar e Clínica San Rafael
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron o tradicional belén elaborado polos usuarios do Centro Hogar e Clínica San Rafael, do que salientaron a súa orixinalidade. Ademais, felicitaron aos seus autores polo traballo e o esforzo para realizar unha obra destas características.
Este belén renovase cada ano e conta cunha superficie de máis de 40 metros cadrados e 100 figuras. Durante a visita tamén aproveitaron para achegarse ao mercado de nadal da entidade, no que se mostran e se pon á venta os traballos realizados polos usuarios dos talleres durante todo o ano.
![belén Hogar e Clínica San Rafael](https://ppdevigo.com/wp-content/uploads/2021/12/belen-Hogar-e-Clinica-San-Rafael.jpg)
![Portal de Belen colegio Hogar](https://ppdevigo.com/wp-content/uploads/2021/12/Portal-de-Belen-colegio-Hogar.jpeg)