PEQUESTRELAS XACOBEO 21-22 ELIXE ESTE SÁBADO AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE TALENTOS NUNHA GALA FINAL ABERTA AO PÚBLICO

Os 28 seleccionados nas audicións previas terán que afanarse ao máximo para convencer ao xurado coas súas propostas, nas categorías parella, individual e grupal
O acto celebrarase a partir das 19,00 horas na explanada exterior da Delegación Territorial de Vigo coa intención de que se achegue o maior número de xente posible
A edición deste ano superou todas as expectativas coa participación de máis de 500 artistas de distintas disciplinas, con idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos

Pequestrelas Xacobeo 21-22 elixirá este sábado aos gañadores do concurso de talentos vigués nunha gala final aberta a público que se celebrará nos exteriores da Delegación Territorial de Vigo e onde os 28 finalistas terán a oportunidade de convencer ao xurado coas súas novas propostas.

As primeiras audicións do certame arrancaban o pasado 9 de xuño superando todas as expectativas previstas e con grande expectación entre os participantes e o público asistente. Tendo en conta o éxito das xornadas previas, nesta ocasión se espera tamén unha importante afluencia de xente.  

Un certame que a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, definiu como “unha  importante plataforma de impulso para os artistas emerxentes”, tal e como puido comprobar na súa asistencia aos castings, onde tivo oportunidade de coñecer as aspiracións dos participantes.

A representante autonómica destacou o “inmenso talento” dos vigueses e viguesas de entre 6 e 18 anos que tomaron parte nas probas, con máis de 500 inscritos nas distintas categorías; parella, individual e grupal. Entre eles, músicos, bailaríns e cantantes que optaron por diferentes estilos, desde a interpretación e o canto, ata o baile, o floclore ou maxia.

No acto deste sábado, que arrancará a partir das 19,00 horas, o xurado terá que fallar entre os 28 finalistas os mellores nas distintas disciplinas e, asemade, haberá unha  mención especial ao “Mellor Cantante” e a “Mellor Actitude”.

En xogo, bolsas para cursar estudos musicais no Conservatorio Mayeusis, a gravación dun videoclip profesional, unha maqueta ou entradas para o Parque Warner de Madrid.

En canto ao xurado, nesta ocasión estará formado polo tenor Fausto López, a cantante Andrea Pousa, o gaiteiro Xulio Lorenzo, a presentadora de televisión Paola González e a rapera Aida Alonso. O completan o director de Mayeusis Vigo, Lucas Alonso, y la directora de Vigo Porté, Lorena López.