OS TAXISTAS VIGUESES RECIBEN DE MANS DE FERNÁNDEZ-TAPIAS O PREMIO QUE RECOÑECE A SÚA CONTRIBUCIÓN AO ÉXITO DO XACOBEO 2021-2022
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi a encargada de entregar onte, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o premio que recoñece a contribución dos taxistas vigueses ao éxito do Xacobeo 2021-2022.
Emilio Mosquera, presidente da Asociación de Autopatronos do Taxi e da Cooperativa Central Radio Taxi Vigo, foi o encargado de recoller o galardón en nome dos profesionais do transporte no acto de presentación do Balance do Xacobeo 2021-2022.
Cómpre lembrar que durante o pasado ano circularon na cidade 220 coches rotulados co emblema do Ano Santo froito da alianza entre a Xunta e os colectivos de taxistas vigueses.