O CONSORCIO CASCO VELLO FINALIZA A REHABILITACIÓN DA CASA DA RÚA HORTAS PARA ENTREGAR NOVAS VIVENDAS XA ADXUDICADAS EN CONCURSO PÚBLICO A DÚAS FAMILIAS

A delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitou este martes a obra do Casco Vello Alto que foi sorteada o pasado mes de outubro

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV), Ana Ortiz, visitou este martes a rehabilitación que o organismo autónomo rematou na confluencia das rúas Hortas e San Sebastián, en pleno barrio histórico alto da cidade. A representante autonómica informou de que as vivendas xa están listas para entregar aos novos adxudicatarias que gañaron o sorteo público celebrado o pasado mes de outubro.

O proxecto, que se licitou por un importe de 716.241,25 euros (IVE incluído), adxudicouse por 650.000 euros á empresa Castroferro. Cun prazo de execución de doce meses, a parcela ten unha superficie de 180 metros cadrados e a compra do inmoble supuxo outros 188.000 euros.

Ademais das dúas viviendas da rúa Hortas 2-4/San Sebastián 20, o consorcio tamén sacou a concurso outras dous pisos en Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2. O sorteo para a adxudicación da orde de selección das candidaturas admitidas tivo carácter público e levouse a cabo na sede administrativa da Xunta de Galicia en Vigo. O CCVV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, puxo así a disposición dos vigueses estas catro catro vivendas no barrio histórico.

Plan de Actuación 2026/2030

A representante autonómica lembrou que o pasado mes o CCVV aprobou tanto o seu Plan de Actuación 2026-20230 como o convenio entre administracións e o Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) 2026.

O Plan de Actuación aprobado por unanimidade marca as pautas de rehabilitación que levará a cabo o organismo durante o vindeiro lustro. Así, un total de 25 inmobles son cualificados como obxectivo de actuación prioritaria e outros 20 edificios máis integran unha listaxe de actuación secundaria para dotar ao plan de flexibilidade.

Ademais, o plan contará cun investimento dun total de 15,1 millóns de euros, que será financiado mediante ingresos por venda de inmobles, transferencias de capital dos entes consorciados e ingresos correntes.