O ÁLVARO CUNQUEIRO ACOLLEU UN CURSO NACIONAL DE CIRURXÍA ESÓFAGO-GÁSTRICA

Dirixido á formación de facultativos nas técnicas cirúrxicas máis avanzadas neste tipo de intervencións
Asistiron 9 residentes de distintos hospitais de España, que participaron en 12 operacións cirúrxicas, 4 delas con cirurxía robótica
Programáronse diferentes tipos de  cirurxías,  tanto de patoloxías benignas como as de  maior complexidade de cancro de esófago e gástrico

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu, un ano máis,  o  Curso nacional de cirurxía esófago-gástrica destinado á formación de facultativos nas técnicas máis avanzadas neste tipo de intervencións. Avaliado pola Sociedade Española de Cirurxiáns, está dirixido a residentes de 4º e 5º ano de Cirurxía Xeral e Dixestivo.

Neste curso participaron 9 residentes de distintas comunidades españolas. Durante  3 días desenvolveuse un completo programa teórico e práctico en xornadas de mañá e tarde.  Así, os asistentes participaron en 12 intervencións cirúrxicas -4 delas con cirurxía robótica–de diferentes tipos de patoloxías, desde as benignas ás de maior complexidade como cancros de esófago e gástrico.

Neste momento, este curso é xa unha referencia na formación especializada a nivel nacional.