Nuevas medidas del Comité Clínico

A Xunta de Galicia trala reunion do Comité Clínico tomou a decisión, en función da situación epidemiolóxica e asistencial de Galicia, de manter durante os próximos días a restrición de mobilidade nocturna no actual horario (22h), a pesares de que o acordo do Consello Interterritorial permitía amplialo ata as 23h. Mantense a limitación de toda a hostelería nos concellos en nivel máximo (entre outros parámetros, con máis de 500 de incidencia acumulada a 15 días) e a apertura ao 50% das terrazas ata as 21 h nos concellos que se manteñen en nivel alto (entre outros parámetros, cunha IA a 14 días entre 500 e 250).

Permítese a apertura da hostelería ata as 21h en aqueles concellos que se atopen en mellor situación epidemiolóxica: os que queden situados no actual nivel medio (que xa viña permitindo a ocupación do 30% dos interiores e do 50% dos exteriores) e un nivel medio-baixo ao que acceden aqueles concellos cunha situación epidemiolóxica aínda mellor (IA a 14 días inferior aos 150), no que se permite incrementar a capacidade dos interiores ata o 50% e das terrazas ata o 75%.

Dado o mantemento das medidas acordadas no Consello Interterritorial de Sanidade, como o peche perimetral da comunidade autónoma ou a prohibición dos encontros de non convivintes nos fogares, o Comité Considera que se trata dun avance prudente, xa que mantemos niveis de restricións maiores aos vixentes noutras etapas nos que o nivel de incidencia e de casos activos en Galicia eran equiparables aos actuais.

O Comité revisará estas medidas antes dos festivos de Semana Santa para avaliar, segundo a situación epidemiolóxica, se procede ou non prorrogalas.