Luisa Sánchez ve un acerto a elección de Vigo para acoller Stonegal, a feira que aspira a ser unha referencia para o sector da pedra natural de España e Portugal

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantivo hoxe unha reunión co director de Stonegal, Alejandro Miras, para coñecer de primeira man a feira que aspira a ser unha referencia para o sector da pedra natural de España e Portugal. Neste sentido, a representante provincial puxo en valor o peso da provincia de Pontevedra, especificamente do Porriño, na industria do granito en Europa, polo que considerou un acerto a elección de Vigo para acoller a primeira edición deste evento previsto para xuño do 2025.