Homenaxe da Xunta de Galicia en Vigo aos funcionarios xubilados en 2024
A delegada territorial, Ana Ortiz, felicitou aos traballadores nun acto celebrado no salón de actos do edificio administrativo do Goberno galego na cidade
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, agradeceu o traballo dos funcionarios e funcionarias que se xubilaron no ano 2024 e que recibiron unha homenaxe nun acto celebrado no auditorio da Delegación Territorial de Vigo. Ortiz felicitou aos traballadores xubilados pola súa “dedicación de toda unha vida ao servizo dos cidadáns”.
No acto dirixido polo secretario territorial, Fernando González Abeijón, tamén participaron os directores territoriais e xefes de servizo de Política Social, Emprego, Economía, Facenda, Mar, Sanidade, Educación, Vivenda, Medio Ambiente, Cultura e Presidencia.
A Delegación Territorial de Vigo conta con máis de 500 funcionarios nos seus dous edificios da rúa Concepción Arenal e Praza da Estrela con servizos das consellerías de Política Social e Igualdade; Mar; Facenda (Axencia Tributaria de Galicia); Educación; Emprego, Consumo e Inmigración; Sanidade; Presidencia, Xustiza e Deportes; Vivenda; Economía e Industria (Igape), e Xuventude.
Desde o pasado mes de xuño xa está incorporados 16 novos funcionarios á estrutura da Delegación do Goberno galego en Vigo. Os traballadores desempeñan as súas funcións nos departamentos de Dependencia e Autonomía Persoal; Prestacións, Inclusión e Inmigración; Familia, Infancia e Dinamización Demográfica; CRAP de Vigo; Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social; Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e Servizo de Control de Riscos Ambientais.
