FERNÁNDEZ-TAPIAS VISITA AOS ALUMNOS QUE SE FORMAN NO CPIF DE COIA EN AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL
A delegada da Xunta en Vigo e a directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zelia Lado, acudiron este luns ao Centro Público Integrado de Formación onde se imparte o curso sobre linguaxe de programación
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Formación para o Empreso e Orientación, Zelia Lado, visitaron este luns o Centro Público Integrado de Formación de Coia onde se imparte o curso sobre as bases da linguaxe de programación Tia Portal, apoiado pola Xunta de Galicia e que promove a Universidade Corporativa do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).