FERNÁNDEZ-TAPIAS VISITA A MONTAXE DA COPA DO MUNDO DE DIRT JUMP -XACOBEO NO MARCO DE O MARISQUIÑO

A achega do Goberno galego ao festival de deporte urbano alcanza este ano os 300.000 euros, o que supón un incremento do 50% respecto ao 2021
O apoio autonómico esténdese ao campionato de Break Dance e a programación musical, con 30 grupos locais e emerxentes en Samil e no peirao de Transatlánticos

A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse hoxe ata o Paseo das Avenidas para supervisar a montaxe das instalacións da Copa do Mundo de Dirt Jump que regresa a cidade, no marco de celebración de O Marisquiño, grazas ao apoio do Xacobeo.

 Así o recordou a representante autonómica con motivo da visita. Serán un total de 35 riders os que cheguen a Vigo para participar nunha das únicas catro probas de máxima categoría (Gold) que se disputan no mundo: dous en Canadá (Vernon e Kelowna, montañas próximas a Vancouver), unha en Alemaña (Frankfurt) e a de Vigo. Os 20 primeiros postos da clasificación mundial teñen a súa praza asegurada e hai outras 15 invitacións que decide a FMB World Tour.

 A achega do Goberno galego ao festival de deporte urbano alcanza este ano os 300.000 euros, o que supón un incremento do 50% respecto ao 2021, e permitirá ademais celebrar o campionato de Break Dance. Considerada como a competición desta especialidade de maior proxección en España, se esperan 150 participantes.

Xa por último, Fernández-Tapias lembrou que o acordo entre o Xacobeo e o festival de O Marisquiño, que se celebrará entre os vindeiros 11 e 14 de agosto, esténdese á programación musical. Nas dúas áreas musicais, o peirao de Transatlánticos (zona Sunset) e Samil (zona Oasis), haberá música de forma continúa con un chill out e actuarán 30 grupos locais e emerxentes durante os tres días que dura o festival.