FERNÁNDEZ-TAPIAS SALIENTA O ENPRENDEMENTO FEMININO EN VIGO DURANTE UNHA VISITA AO CENTRO LINGORETA
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a xefa territorial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, Marta Mariño, visitaron este martes o Centro Lingoreta onde apostaron por seguir fomentando o emprendemento e o emprego feminino como unha das fórmulas para acadar unha sociedade máis igualitaria. Este centro, dedicado á logopedia e á psicoloxía, recibiu unha subvención de 17.000 euros na liña “Emega”, para favorecer a contratación.