FERNÁNDEZ-TAPIAS SALIENTA A INICIATIVA CULTURAL “IGUALARTE” NA DEFENSA DA IGUALDADE DE XÉNERO E NA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA E O ACOSO
A delegada da Xunta en Vigo participou este venres na inauguración da exposición colectiva “Igualarte”
Cun total de 20 artistas participantes, a mostra estará aberta na Confederación de Empresarios de Pontevedra ata o 31 de outubro
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na inauguración da exposición colectiva “Igualarte” na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) como mostra das iniciativas culturais en defensa da igualdade de xénero e para a prevención da violencia e o acoso.
A representante autonómica destacou a necesidade de actividades como esta mostra en favor da igualdade de xénero. “É un dereito que debemos promover cada día sen descanso, porque lonxe de alcanzar o noso obxectivo non podemos tomarnos nin un minuto de tregua”, sinalou.
A exposición “Igualarte”, organizada por la Asociación Alterarte Vigo, estará aberta na CEP ata o vindeiro 31 de outubro. Un total de 20 artistas participa na mostra, convocada coa temática “Igualdade de xénero e prevención de violencia e acoso”.