Fernández-Tapias reúnese co novo Cónsul Xeral da Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval
A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe no seu despacho ao novo cónsul xeral da República Arxentina con sede en Vigo e ámbito de actuación en Galicia, Asturias e Castela e León.
A representante autonómica transmitiu ao responsable da legación oficial, Horacio Martín Doval, o desexo do Executivo galego de seguir reforzando os lazos, tanto sociais como culturais e institucionais, e a boa relación entre os gobernos de Galicia e Arxentina.