FERNÁNDEZ-TAPIAS RECIBE AOS NOVOS PRESIDENTES DAS ASOCIACIÓNS COGAMA E ASOGAPEM DE PERSOAS MAIORES

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este luns unha xuntanza cos novos presidentes da Asociación de Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem), Julián Romero, e da Confederación Galega de Organizacións de Maiores en Vigo (Cogama), José Manuel Villamarín. A representante autonómica tamén recibiu ao expresidente e a partir de agora presidente de honra de Asogapem, Luis Piñeiro.