FERNÁNDEZ-TAPIAS RECIBE AOS NOVOS COMISARIOS DE SEGURIDADE CIDADÁ DA POLICÍA NACIONAL DE VIGO-REDONDELA

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu este luns aos novos responsables da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Alfonso Medrano Juárez e Santiago Fernández del Río. Por unha banda, Medrano farase cargo da Brigada Local de Policía Xudicial e, por outro, o comisario Fernández ingresa como responsable da Brigada Local de Seguridade Cidadá.