FERNÁNDEZ-TAPIAS RECIBE AO NOVO COMISARIO DA POLICÍA NACIONAL DE VIGO-REDONDELA
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe ao novo Comisario da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez García.
Gómez García tomaba o mando como máximo responsable da comisaría viguesa o pasado mes de setembro en substitución de Juan José Díaz, na actualidade comisario provincial de Pontevedra.
