FERNÁNDEZ-TAPIAS RECIBE Á NOVA DIRECTIVA DA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICO DE GALICIA

A delegada territorial da Xunta coñeceu os novos proxectos e programas escénicos que desenvolven os distintos departamentos dirixidos por Roberto Relova

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu este venres á nova directiva da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia para coñecer os novos proxectos de cara ao vindeiro curso e interesouse polo funcionamento do centro e os programas escénicos que se están a desenvolver desde os distintos departamentos.

A representante autonómica reafirmou o compromiso do Executivo autonómico coa que é unha das catro únicas escolas en España que inclúe na súa oferta educativa tres especialidades de titulación superior: interpretación, escenografía e dirección escénica.

Roberto Relova é actualmente o director do centro, que conta cun cadro de 40 profesores.