FERNÁNDEZ-TAPIAS PRESENTA O LIBRO “A MULLER NO MAR: HISTORIA DE SOÑOS CUMPRIDOS” E DESTACA A LABOR DOS AUTORES PARA POÑER EN VALOR ÁS PIONEIRAS GALEGAS

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres á presentación da obra escrita por Bartolomé Cánovas e Raúl Villa

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na presentación do libro “A muller no mar: historia de soños cumpridos” celebrada no Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria. A representante autonómica destacou a labor dos autores para poñer en valor ás pioneiras galegas que desde hai séculos traballaron no mar.

“O papel da muller no mar foi fundamental e era moi necesario unha obra como esta para valorar a valentía e o esforzo de todas elas na procura da igualdade”, sinalou Fernández-Tapias nun acto no que estivo acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña.

Escrito por Bartolomeu Cánovas e Raúl Villa, esta obra conta con prólogo da conselleira do Mar, Rosa Quintana. Nesta obra o lector poderá atopar dous períodos históricos ben diferenciados. En palabras dos propios autores, a primeira parte “remóntase á época do século XV, tempos escuros nos que xa houbo mulleres que se abriron paso”.

A segunda, recolle o testemuño directo “doutras mulleres que neste momento aínda están a facer historia”. Varias persoas compartiron as súas experiencias vitais cos autores e estes recollen as súas vivencias. “Do relato xeral deste libro despréndese a satisfacción desas mulleres por alcanzar os seus soños ao cumprir uns obxectivos que ata fai moi pouco estábanlles prohibidos por lei”, explicaron os escritores.