FERNÁNDEZ-TAPIAS PRESENTA O CONCERTO DO GRUPO BRITÁNICO MUSE O 8 DE SETEMBRO EN BALAÍDOS NO MARCO DO XACOBEO 21-22
A delegada territorial da Xunta ofreceu todos os detalles sobre a actuación nunha rolda de prensa no estadio vigués
“Estou segura de que vai a ser sen ningunha dúbida o mellor concerto do verán en Galicia”, asegurou
As entradas para o concerto sairán á venda o vindeiro venres (prevenda o xoves para socios do Celta con motivo do seu Centenario) a un prezo de 65 euros
O grupo inglés Years & Years e os vigueses The Killers Barbies serán os teloneiros
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este martes os detalles do concerto da banda británica Muse que se celebrará o vindeiro 8 de setembro no Estadio Municipal de Balaídos. As entradas da actuación sairán á venda este venres a un prezo de 65 euros e haberá unha prevenda o día anterior para os socios do Celta con motivo do centenario do club.
Acompañada polo director da Área de Negocio do Real Club Celta, Carlos Caos, e polo responsable da produtora Zircozine, Farruco Castromán, a representante autonómica avanzou na rolda de prensa celebrada en Balaídos que os teloneiros serán os ingleses Years & Years e os vigueses “The Killer Barbies”.
“Será unha das tres únicas datas que ten reservadas Muse en España e estou segura de que sen ningunha dúbida vai a ser o mellor concerto do verán en Galicia”, sinalou Fernández-Tapias.
Compromiso da Xunta con Vigo
A delegada lembrou que foi o compromiso da Xunta o factor determinante para conseguir que a actuación se celebre en Vigo. “Dixemos desde o principio que a cidade contaría cos mellores concertos do Xacobeo e o cumprimos pese a todos os atrancos que encontramos polo camiño e pese a que houbo quen afirmou que era todo mentira”, sinalou.
Ademais, Marta Fernández-Tapias explicou tamén que o aforo final para a actuación de Muse en Balaídos será de 14.000 persoas e sinalou que non será o último concerto do Xacobeo este ano na cidade. “Ademais de Muse estará unha viguesa como Silvia Superstar á fronte do grupo The Killer Barbies, sen dúbida unha moi boa elección por parte da produtora para por en valor a música viguesa e ás artistas viguesas”, sinalou a representante autonómica.
Concertos do Xacobeo na área de Vigo
Ademais do concerto de Muse, a Xunta xa programou outra vintena de actuacións na cidade. Así, co patrocinio do Xacobeo tamén estarán en Vigo C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e xa estivo Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación).
Tamén están en marcha outros dous ciclos (Xacobeo Vigo e Xacobeo Importa) e dous festivales (Latitudes e Música Urbana). No que respecta á area metropolitana, o Xacobeo 21-22 leva actuacións a Mos (Morat e Tanxugueiras), O Porriño (Taburete), Redondela (M-Clan), Tui (Xoel López), A Guarda (Beret), Soutomaior (Dani Fernández), Cangas (Roi Casal), Baiona (Andrés Suárez) e Oia (Tanxugueiras).
Calendario musical do Xacobeo en Vigo
Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo
Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)
Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas
26 de agosto: Cimafunk
18 de setembro: Mayumaná
Festival Latitudes: (Porto de Vigo)
19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass
20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House
Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)
Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo)
- Ayax y Prok
- Quevedo
- Califato
- Sila Lúa
- Safree
Muse: 8 de setembro en Balaídos
