FERNÁNDEZ-TAPIAS PRESENTA A SEXTA EDICIÓN DA INICIATIVA “XUNTANZA DISCAPACIQUAD” ORGANIZADA POR APAMP EN NAVIA

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na presentación da VI Xuntanza Discapaciquad que organizan a AAVV Novo Vigo e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) co apoio do Goberno galego. Este evento de convivencia cambia de espazo e terá lugar na rúa Pedra Seixa do barrio vigués de Navia. Será este sábado 5 de novembro en horario de 10:00 a 18:00 horas.

Segundo explicaron os organizadores, a actividade principal será gozar dun paseo en vehículos Atv`s de dúas prazas e boogies, durante un percorrido aproximado de tres kilómetros. No percorrido haberá unha gincana de obstáculos na que terán que atravesar un balancín metálico, un foso con auga, xogos de puntería e habilidade, ata dirixirse o punto de remate do percorrido onde se fará o cambio cun novo participante.