FERNÁNDEZ-TAPIAS PRESENTA A GALA ASEM 2022 EN BENEFICIO DAS PERSOAS AFECTADAS POR ENFERMIDADES NEUROMUSCULARES
A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a iniciativa co obxectivo de recadar fondos para poder sufragar gastos destinados a mellorar a calidade de vida dos pacientes
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este xoves a Gala ASEM 2022 que se celebrará o vindeiro 15 de novembro (19:00 horas) no Centro Vialia (praza Foodcourt) en beneficio das persoas afectadas por enfermidades neuromusculares.
No acto celebrado na Delegación da Xunta en Vigo, a representante autonómica destacou a iniciativa de ASEM, que se celebra no Día Mundial das Enfermidades Neuromuscualres, para poder sufragar os gastos destinados a proxectos que melloran a calidade de vida dos pacientes.
Acompañada polo presidente de ASEM Galicia, Manuel Rego, e polo director do Centro Vialia, Juan Louro, a delegada da Xunta ratificou o apoio do Goberno galego a través do Plan Xacobeo 21-22. A gala será presentada por Carlos Veleiro e contará coa actuación de Cristian de Samil, as escolas de baile Galicia en Danza, María Rial, Miriam Pino y Unidance, así como o grupo La Patrulla.