FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NOS ACTOS FESTIVOS DE SAN BRAIS NA PARROQUIA VIGUESA DE BEMBRIVE

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na festa de San Brais que se celebrou na parroquia viguesa de Bembrive. A representante autonómica acudiu aos actos litúrxicos na igrexa de Santiago de Bembrieve e posteriormente á tradicional romaría que congregou a centos de persoas na programación cultural e gastronómica.