FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NOS ACTOS FESTIVOS DAS CANDELAS NA PARROQUIA VIGUESA DE CASTRELOS

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na festa das Candelas que se celebrou na parroquia viguesa de Castrelos. Tras os actos litúrxicos na igrexa de Santa María de Castrelos, templo románico con máis de 800 anos de antigüidade, a representante autonómica acudiu á tradicional romaría que congregou a centos de persoas para honrar á Virxe da Candelaria e participar na programación cultural e gastronómica.