FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NOS ACTOS DA ROMARÍA DE SAN AMARO EN MATAMÁ
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este domingo nos actos festivos da Romaría de San Amaro, na parroquia viguesa de Matamá. O evento, a tradicional primeira romaría do ano na cidade, congregou a centos de persoas para honrar o santo e participar na programación cultural e gastronómica.

