FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NO PROGRAMA ESCOLAR “RADIO EMOCIÓNATE” NO CEIP ESCULTOR ACUÑA DE COIA
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este martes no programa “Radio Emociónate” que realizan os alumnos do CEIP Escultor Acuña, no barrio de Coia, con motivo do noventa aniversario da chegada da radio a Galicia. A iniciativa percorreu da man do alumnado a actualidade da cidade e rescatou da memoria as lembranzas vividas ao carón dun aparello de radio.