FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NA TRADICIONAL MARCHA SOLIDARIA ASPANAEX POLAS RÚAS DE VIGO A FAVOR DA PLENA INCLUSIÓN

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando Abeijón, participaron este domingo na 39ª Marcha Aspanaex que se celebrou polas rúas da cidade e na que participaron centos de persoas. O percorrido partiu de Castrelos ás 10:30 horas e finalizou no mesmo parque vigués tras unha ruta de seis quilómetros polas principais rúas da cidade.