FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NA PRESENTACIÓN DE “MULLERES DO CAMIÑO PORTUGUÉS”, A PROPOSTA DO XEODESTINO RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO EN FITUR

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, participou esta mañá na presentación de “Mulleres do Camiño Portugués”, a proposta  do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur).

A iniciativa foi presentada no stand de Galicia por varias mulleres vinculadas ao sector do turismo e versou sobre a súa experiencia e a importancia que ten para os concellos do territorio o Camiño de Santiago.