FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NA CEA SOLIDARIA EN BENEFICIO DE AFAN
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este sábado na cea solidaria en beneficio da ONG viguesa AFAN (Asociación de Freixeiro de Axuda ao Necesitado). O acto celebrouse no Hotel-Pazo dos Escudos e todas as doazóns e achegas serán destinadas a cubrir as necesidades de máis de 500 familias.

