FERNÁNDEZ-TAPIAS LAMENTA A CONFIRMACIÓN DA PERDA DA SEDE DO IEO PARA VIGO E RECLAMA A CESIÓN A GALICIA DAS COMPETENCIAS

La delegada territorial de la Xunta en Vigo cualifica como unha “falta de respecto” a discriminación por parte do Goberno central cara á labor investigadora en Galicia
“Queda xa demostrado que o anuncio dunha mesa permanente de pesca era tan só unha manobra de distracción co consentimento do alcalde”, sinalou

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentou este mércores a confirmación por parte do Goberno central da perda da sede do Instituto Español de Oceanografía (IEO) para a cidade. A través dunha resposta parlamentaria, o Ministerio de Ciencia e Innovación confirmou que o organismo estatal seguirá centralizado en Madrid e terá dúas sedes permanentes en Santander e Mazarrón para as áreas de investigación.

“Estamos cansos dos bandazos, dos cambios de criterio constantes e da improvisación coa que o Goberno central xestiona o Instituto Español de Oceanografía, un organismo fundamental para Galicia e que está nunha situación económica dramática malia a súa integración no Consello Superior de Investigacións Científicas”, sinalou a representante autonómica.

Fernández-Tapias xa advertira o pasado mes de maio da “decepcionante” visita a Vigo  da ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, cando anunciou que a cidade sería sede da mesa permanente da pesca. “Semellaba entón unha manobra para despistarnos e agora queda confirmado, estamos ante continuas faltas de respecto a Galicia co consentimento do alcalde, que prometeu como tantas outras veces mediar co Goberno e acaba co mesmo resultado nefasto”, engadiu.
Ademais, a delegada defendeu que Galicia debería acoller a sede central do IEO en caso de que se descentralice e que, se o Goberno “non se sente capacitado para mantelo e xestionalo ben, o ceda a Galicia previo saneamento para poder potencialo”. Así o demandou recentemente o Parlamento galego nunha declaración institucional.

“Levamos máis de dous anos defendendo a necesidade de recuperar o potencial do IEO e esixindo o seu saneamento económico, para o que xa dixemos que esta integración non era a solución. O reparto de sedes iniciado polo Goberno central, que agora rectifica parcialmente, é un disparate, baseado en criterios nada serios e arbitrarios como o lugar de residencia dos xefes de cada área”, engadiu.

Lembrou tamén outros asuntos da maior importancia para Vigo nos que o Goberno desatende á cidade. “O Perte de Stellantis, a Alta Tensión, o Saída Sur… a lista é interminable, a secuencia sempre é a mesma e o final tamén é coñecido. O alcalde tan só dedícase a declaracións altisonantes en busca de titulares que uns días despois convértense nun desastre anunciado”, concluíu.