FERNÁNDEZ-TAPIAS FELICITA AOS GAÑADORES DOS PRIMEIROS PREMIOS GASTRO MOVIDA SUMMIT: OS ESTRELLA MICHELIN RAFA CENTENO E ALBERTO PRELCIC, O SUMILLER JUANJO TREUS, VIGO GASTRONÓMICO E ARTESA

A delegada da Xunta en Vigo participou na clausura do evento que serviu como apoio á gastronomía local e galega
“Foi un excelente catalizador da industria da gastronomía viguesa e supón unha importante promoción da cidade como destino turístico”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este martes na clausura do Gastro Movida Summit – Xacobeo 21-22 e felicitou aos gañadores dos primeiros galardóns do evento que converteu á cidade en “epicentro” da gastronomía.

Durante a gala de peche celebrada na sede do Real Club Celta, os organizadores entregaron os primeiros galardóns aos cociñeiros vigueses con Estrella Michelin, Rafa Centeno e Alberto Prelcic; ao sumiller Juanjo Treus, ao colectivo Vigo Gastronómico e á empresa Artesa.

A cita reuniu a máis de 30 establecementos de Vigo arredor da cociña grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Plan Xacobeo. O luns houbo un percorrido en barco pola ría de Vigo para coñecer o produto local e a pesca artesanal e este martes celebrouse o congreso con mesas redondas e charlas.

No evento Gastro Movida Summit participarán restaurantes como Silabario, O Croque, Niño Corvo, Kero, Pintxoteca, María Manuela, Lume de Carozo, Mijo, Nero ou Nikko Gastronómico. Tamén estiveron as escolas de cociña Manuel Antonio e Harina Blanca, ademais da colaboración das marcas Coca-Cola e Gadis.

Galardóns

Artesa: Recoñecemento a máis de 15 anos traballando produto galego de máxima calidade nas Rías Baixas en xeral e na Ría de Vigo en particular. Empresa que pon en valor os produtos do mar. É un dos mellores embaixadores da nosa ría xa que os seus produtos chegan ás mesas dos mellores restaurantes do España.

Vigo Gastronómico: Recoñecemento a unha iniciativa que pretende poñer en valor á restauración de Vigo e así ser un impulso para a cidade.

Alberto Gonzalez Prelcic: Recoñecemento a un cociñeiro que achegou valor á cidade coa súa proposta Silabario, chegada da man do RCCelta na Sede, e que mantén a súa Estrela Michelin un ano máis.

Juanjo Treus: Recoñecemento ao traballo de sala nos restaurantes en xeral e Vigo en particular. Formou a moitos dos mellores summillersque agora están nos mellores restaurantes. Como presidente dos sumillers de Galicia forma a diario aos que van ser os embaixadores dos nosos viñedos no mundo.

Rafa Centeno: Recoñecemento á constancia e a manter durante máis de 10 anos a Estrela Michelin, que recoñece unha proposta de alta cociña na nosa cidade. No seu restaurante Maruja Limón e agora tamén en Centeno (CC Vialia Vigo). É un dos referentes en Galicia e leva o nome de Vigo a través da súa proposta e coa Ría de Vigo como despensa de km 0.