FERNÁNDEZ-TAPIAS FELICITA AO ESTUDANTE VIGUÉS RECOÑECIDO POLA COMISIÓN EUROPEA COMO O MELLOR TRADUTOR DE ESPAÑA
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este venres ao Colexio Mariano para felicitar a Fernando González Herreros, estudante de 2º de Bacharelato que resultou gañador en España da 16ª edición do concurso de tradución “Juvenes Translatores” convocado pola Comisión Europea. Na convocatoria houbo un total de 2.883 participantes que puxeron a proba os seus coñecementos lingüísticos e optaron por traducir un texto entre as 24 linguas oficiais da Unión Europea.