FERNÁNDEZ-TAPIAS FELICITA AO EQUIPO DE BAILE DEPORTIVO “AL COMPÁS” POLO SEU TRUNFO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DANZA

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou a sede da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral con motivo da festa de verán que organiza o colectivo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, felicitou este sábado ao Club de Baile Deportivo “Al Compás” polo seu recente éxito no Campionato de España de Danza Coreográfica disputado o mes de xuño en Narón. A representante autonómica mantivo un encontro coas integrantes do equipo durante a celebración da festa de verán que celebrou a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral na súa sede. Fernández-Tapias fixo entrega dun pequeno obsequio ás 21 integrantes do club nun acto no que tamén estivo presente o presidente da entidade veciñal, Juan Ramón Casal.