FERNÁNDEZ-TAPIAS FELICITA AO ALUMNADO DO CEIP O POMBAL PREMIADO NO CONCURSO “O PARQUE NACIONAL NA ESCOLA”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este martes ao peirao da Estación de Ría para despedir a un grupo de escolares do CEIP O Pombal, que visitarán as illas Cíes logo de ser premiados no concurso O Parque Nacional coa escola 2022-2023.