FERNÁNDEZ-TAPIAS E NAVA CASTRO IZAN A BANDEIRA Q DE CALIDADE NO LICEO MARÍTIMO DE BOUZAS
A delegada territorial da Xunta en Vigo e a directora de Turismo de Galicia fixeron entrega do galardón ao presidente da entidade, Miguel Pereira
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixeron entrega este martes ao presidente do Liceo Marítimo de Bouzas, Miguel Pereira, da bandeira Q de Calidade lograda pola entidade polos seus servizos prestados no ano 2022. O galardón, que foi izado ante a entidade social e deportiva viguesa, recoñece a súa localización, o equipamento do que dispoñen e os servizos que ofrecen.