FERNÁNDEZ-TAPIAS E LORENZO PARTICIPAN NA ENTREGA DE PREMIOS DO XI CONCURSO DE CORDA CIDADE DE VIGO
A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura felicitaron aos participantes polo éxito do evento celebrado no Conservatorio Superior de Música
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron este domingo na entrega de premios do XI Concurso de Corda Cidade de Vigo do que resultou gañadora na máxima categoría María Hernández Vera.
Organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda (Agic) coa colaboración da Xunta de Galicia , a actual edición do certame rexistrou récord de participantes. O concurso celebrouse os días 8, 9, 10 e 11 no Conservatorio Superior de Música de Vigo e contou con 81 músicos de corda inscritos, estudantes matriculados en España e Portugal nas catro modalidades: violín, violoncelo, viola e contrabaixo.
Nesta ocasión, os mozos músicos procedían de 19 provincias de toda España –León, Madrid, Zaragoza, Selecta, Cádiz, Bilbao, A Coruña, Castelló, Badaxoz, Sevilla, Valencia, Irún, Palencia, Barcelona, Áraba, Pontevedra, Segovia, Málaga, e Valladolid–, pero tamén de Portugal con representación de Braga, Coimbra, Porto, Lisboa, S. Tirso, Setúbal e mesmo Açores.