FERNÁNDEZ-TAPIAS E ANXO M. LORENZO PRESENTAN O TRADICIONAL CERTAME DE RONDALLAS QUE REUNIRÁ NO IFEVI A 14 AGRUPACIÓNS DA ÁREA DE VIGO
A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura avanzaron os detalles da quinta edición da exhibición que se celebrará o vindeiro 15 de xaneiro
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantiveron este sábado unha xuntanza cos directivos da Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo para preparar a quinta edición do certame, que se celebrará o vindeiro 15 de xaneiro no Ifevi.
A representante autonómica destacou o impulso da Xunta a este evento que representa “a vitalidade da cultura tradicional e de base na nosa comunidade” e subliñou a importancia destas agrupacións en toda Galicia, especialmente na área de Vigo, o que xustifica a relevancia de apoiar esta celebración.
Fernández-Tapias invitou a todos os veciños de Vigo e da súa contorna a acudir o 15 de xaneiro ao Ifevi para poder gozar “dun espectáculo único en Galicia” e que cada año exerce como escaparate da cultura tradicional.
Neste V Certamen de Rondallas da Área de Vigo participarán un total de 14 agrupacións, catro delas da cidade de Vigo (Valladares, Beade, Helios de Bembrive e Freixo), catro de Mos (Guizán, Herville, Torroso e Santa Eulalia de Mos), dúas do Porriño (Pontellas e Atios), dúas de Gondomar (Vincios e Nosa Merced de Chaín), unha de Nigrán (Parada) e unha de Tui (Pexegueiro).