FERNÁNDEZ-TAPIAS E ABEIJÓN PARTICIPAN NOS ACTOS DO DÉCIMO ANIVERSARIO DE APAMP EN NAVIA

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participarom este sábado nos actos conmemorativos do décimo aniversario de APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral). O evento tivo lugar na se do colectivo na rúa Pedra Seixa do barrio vigués de Navia. “O traballo de todo o colectivo de Apamp é o mellor exemplo das persoas que poñen en valor a súa dignidade e o seu papel na sociedade na que nos atopamos”, destacou Fernández-Tapias. Os actos do décimo aniversario contaron cunha representación teatral, “A alquimista”, ademais da proxección de vídeos e unha merenda par pechar a xornada, á que asistiron usuarios, familias e empregados da asociación.