FERNÁNDEZ-TAPIAS DESTACA O ÉXITO DA NOVA ESTACIÓN DURANTE O PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE FUNCIONAMENTO CON 316 AUTOBUSES E A SÚA MAIOR PARTE CON ACCESO POLA AUTOESTRADA AP9

A delegada da Xunta en Vigo sinala que a inauguración da nova intermodal saldouse sen ningún tipo de incidencia

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou este luns o bo funcionamento da nova Estación Intermodal de Autobuses de Vigo tras a súa posta en marcha o pasado sábado. Rematada hai seis meses cun investimento de 18 millóns de euros, as novas instalacións xa estiveron a pleno rendemento durante o sábado e o domingo sen ningún tipo de incidencia.

Segundo explicou a representante autonómica, un total de 316 autobuses entraron e saíron da estación nos dous primeiros días de apertura, e a maior parte das viaxes foron a través dos accesos que dan a autoestrada AP-9, tal e como estaba planificado.

“Foi un éxito rotundo e os viaxeiros xa puideron comprobar a mellora que supón ter a conexión entre bus e tren a tan só uns minutos”, engadiu.

Ademais, destacou os intentos da Xunta de Galicia por abrir a estación o antes posible. “Puxemos todo o empeño en que funcionase canto antes, pero por desgraza tivemos que agardar máis de seis meses”, sinalou.

Cronoloxía da apertura da estación:
  • 10 de xuño de 2022: finaliza a obra da estación.
  • 22 de xuño de 2022: o director xeral de Mobilidade dirixe unha carta ao Concello de Vigo (concelleira María José Caride) para solicitar información sobre a finalización de obras municipais que taponan a estación e para coordinar a apertura (sen resposta)
  • 28 de xullo de 2022: a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo dirixe carta ao alcalde de Vigo para insistir na necesidade de coñecer datas de fin de obra municipal e coordinación de apertura (sen resposta)
  • 2 de agosto de 2022: comisión de seguimento ADIF/Concello/Xunta nas que o Concelo informa do inicio de obras para apeos provisionais de HALO que taponan de novo accesos (previsión de finalizar o 15 de novembro)
  • 9 de setembro de 2022: comisión de seguimento ADIF/Concello/ Xunta nas que o Concello informa de que o fin da obras dos apeos provisionais do HALO se atrasan hasta finais de novembro.
  • 10 de novembro: oficio da Dirección Xeral de Mobilidade ao Concello informando da apertura da estación o 5 de decembro (en función da data previsto dada polo Concello para acabar os apeos do HALO) e a creación das catro novas paradas.
  • 22 de novembro: comisión de seguimento no que o Concello informa de que non abrirán ata o 12 de decembro o túnel de Lepanto, polo que non se pode abrir a estación antes.
  • 2 de decembro: oficio da Dirección Xeral de Mobilidade con nova data de apertura da estación para o 17 de decembro
  • 5 de decembro: oficio da Dirección Xeral de Mobilidade con documento executivo no que figuran rutas, recorridos, mapas, entradas e saídas de todos os corredores de autobuses ao seu paso por Vigo.
Memoria posta en marcha estación intermodal
Memoria Paradas Bus
Escrito Alcalde de Vigo
Carta al Alcalde de Vigo